Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 25 de outubro de 2013 Páx. 42198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 8 de outubro de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación do monte veciñal en man común A Cruz e trinta e nove máis, a favor dos veciños da parroquia de Moura (agás Monteverde e Fiscal), no concello de Nogueira de Ramuín.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar no 3 de outubro de 2013, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Cruz e 39 máis, solicitada polos veciños da parroquia de Moura (agás Monteverde e Fiscal), no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense) resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 20 de abril de 2011 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños de Alcouce, Cinseiro, Sobrado, Vilasuxá e Riocabe, parroquia de Moura (agás Monteverde e Fiscal), no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense), en que solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do devandito monte.

Segundo. Con data do 10 de decembro de 2012, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: Nogueira de Ramuín.

Denominación do monte: A Cruz e 39 máis.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Alcouce, Cinseiro, Sobrado, Vilasuxá e Riocabe, parroquia de Moura (agás Monteverde e Fiscal).

Superficie: 173,22 hectáreas que, segundo o informe técnico do Servizo de Montes, están distribuídas nas seguintes parcelas:

1. O Viso, que comprende as parcelas 568, 580, 586, 618, 679 e 1112 do polígono 1, e 594, 837 e 839 do polígono 5.

2. As Tapadas, que comprende as parcelas 344, 345, 346, 354, 357 e 358 do polígono 30, e 60, 66 e 94 do polígono 31.

3. A Cruz, que comprende as parcelas 73, 77 e 78 do polígono 30.

4. Agra do Medio 1, que comprende a parcela 179 do polígono 5.

5. Agra do Medio 2, que comprende a parcela 183 do polígono 5.

6. As Barxas, que comprende a parcela 160 do polígono 31.

7. As Barxas 2, que comprende a parcela 167 do polígono 31

8. As Lameiras, que comprende a parcela 1064 do polígono 29.

9. As Lameiras 2, que comprende a parcela 1070 do polígono 29.

10. Carballeira, que comprende a parcela 856 do polígono 29.

11. Os Rabechos, que comprende as parcelas 775, 781 e 896 do polígono 29.

12. Baldomar, que comprende a parcela 227 do polígono 36.

13. Cabanas, que comprende a parcela 156 do polígono 34.

14. Casarello, que comprende as parcelas 295, 399, 300, 312, 991, 992, 993, 994, 995, 996 e 997 do polígono 7.

15. Celeirós, que comprende as parcelas 699, 702, 912 e 913 do polígono 7.

16. Cortiñas, que comprende a parcela 971 do polígono 29.

17. Costa, que comprende a parcela 1156, 1407 e 1409 do polígono 29.

18. Cotarón, que comprende a parcela 53 do polígono 5.

19. Figueiredo, que comprende a parcela 641 do polígono 1.

20. Figueiredo 2, que comprende a parcela 39 do polígono 2.

21. Fiscal, que comprende a parcela 492 do polígono 2.

22. Fonte Gándara, que comprende a parcela 1517 do polígono 29.

23. Lameiriños, que comprende a parcela 2260 do polígono 29.

24. Mormeiral, que comprende a parcela 7 do polígono 29.

25. Mormeiral 2, que comprende a parcela 10 do polígono 29.

26. Mormeiral 3, que comprende a parcela 151 do polígono 29.

27. O Valiño, que comprende as parcelas 172 e 174 do polígono 30.

28. Os Muíños, que comprende as parcelas 411, 412, 413 e camiños do polígono 1.

29. Pedra Ancha, que comprende a parcela 29 do polígono 7.

30. Pena Redonda, que comprende a parcela 341 do polígono 30.

31. Picota, que comprende a parcela 1494 do polígono 29.

32. Portocabaleiros, que comprende a parcela 2114 do polígono 29.

33. Río Cabe, que comprende a parcela 984 do polígono 7.

34. Río Cabe 2, que comprende as parcelas 508 e 509 do polígono 29.

35. Solveira, que comprende a parcela 375 do polígono 5.

36. Soutelo, que comprende a parcela 624 do polígono 5.

37. Taradela, que comprende a parcela 58 do polígono 34.

38. Taraxela, que comprende a parcela 131 do polígono 5.

39. Vilares, que comprende as parcelas 1140 e 1148 do polígono 29.

As estremas correspondentes ás parcelas enumeradas recóllense no expediente obxecto da clasificación, que se atopa no Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar de Ourense e no Concello de Nogueira de Ramuín, a dispor dos interesados.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei son montes veciñais en man común os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas os membros daquelas na súa condición de veciños.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña disfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes e as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, sen que durante a tramitación do procedemento se tivese producido reclamación ningunha de titularidade distinta.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común a favor dos veciños de Alcouce, Cinseiro, Sobrado, Vilasuxá e Riocabe, parroquia de Moura (agás Monteverde e Fiscal), no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense) o monte denominado A Cruz e 39 máis, coa descrición reflectida no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 13/1989 (citada), nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 8 de outubro de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense