Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41818

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (901/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 901/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Torres Fernández contra a empresa Selema, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión:

1. Que estimando a demanda formulada por Javier Torres Fernández fronte a Selema, S.L., condeno a esta a aboarlle a cantidade de 3.232,77 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos, e a cantidade de 240,17 euros en canto aos xuros moratorios reclamados.

2. Todo iso coa obriga do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) de pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo de que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846), a nome deste xulgado, co número 1533 0000 36 0901 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0901 11, a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a empresa Selema, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de outubro de 2013

O secretario xudicial