Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de outubro de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/045/2013.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo, DOG núm. 59, do 23 de marzo) acordou, o día 9 de agosto de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Salvador Eiroa Morandeira, en relación coas actuacións realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación auxiliar do uso residencial preexistente, sita na rúa da Pena, 17, parroquia de San Pedro de Nós, no termo municipal de Oleiros, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística