Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2013 pola que se anuncia a licitación, suxeita á regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo para a dinamización do Centro Demostrador TIC de Galicia (expediente 114/2013).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 114/2013.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo para a dinamización do Centro Demostrador TIC de Galicia fomentando que o Centro Demostrador TIC de Galicia se converta nun lugar de encontro e de referencia para poñer en contacto as solucións tecnolóxicas das empresas TIC galegas con posibles empresas usuarias destas e facilitar a transferencia de tecnoloxía, capacitar e formar tecnoloxicamente as empresas, así como difundir as vantaxes da incorporación das TIC aos procesos produtivos das empresas, especialmente entre os sectores estratéxicos de Galicia, para iso a empresa licitadora debe ofertar unha serie de servizos e actuacións. Con carácter xeral este servizo comprende:

– Identificación de necesidades TIC e de solucións tecnolóxicas para impulsar e garantir un proceso de implantación de solucións TIC eficaz e axeitado ás necesidades reais das empresas galegas.

– Ampliación do mapa de capacidades tecnolóxicas de Galicia.

– Demostración de produtos TIC.

– Definir e apoiar na posta en marcha dun programa formativo de carácter eminentemente práctico para as empresas.

– Definir e poñer en marcha un programa de accións encamiñadas a sensibilizar as empresas sobre a aplicación TIC nos seus procesos produtivos.

– Avaliación e seguimento de todas as iniciativas lanzadas pola Amtega, no marco do impulso da incorporación das TIC nas empresas.

– Apoio e asesoramento á Amtega para a elaboración de medidas que permitan unha maior difusión e promoción das TIC nas empresas.

Con este servizo, quérese lograr un completo aliñamento cos retos da Axenda Dixital Europea no que se refire ás pemes, e contribuír a conseguir que o «33 % das pemes galegas efectúen compras ou vendas on-line». Ademais, tamén se persegue converxer cara á media dos indicadores que miden o nivel de integración e uso das TIC nas pemes aos niveis da Unión Europea.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato. Antes da súa finalización, este contrato poderase prorrogar por mutuo acordo das partes por un prazo igual ou inferior ao fixado orixinariamente.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 281.206,61 €, máis 59.053,40 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 340.260,01 €, distribuíndose nas seguintes anualidades:

• 2013: 11.716,94 € + IVE (2.460,56 €) = 14.177,50 €.

• 2014: 140.603,31 € + IVE (29.526,70 €) = 170.130,01 €.

• 2015: 128.886,36 € + IVE (27.066,14 €) = 155.952,50 €.

5. Garantía provisoria: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19708

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a letra N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 25.11.2013.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Entidade: Rexistro da Amtega.

2) Enderezo: Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no punto 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O lugar, o día e a hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na letra K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de los anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 15.10.2013.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2013

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia