Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41547

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de setembro de 2013 de requirimento de emenda de sinatura e acreditación de representación, no expediente IU1/148/2012-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase o emprazamento para emenda de sinatura e acreditación de representación no recurso de reposición presentado por Roberto Vázquez Traba contra a Resolución do 24 de maio de 2013, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no expediente de referencia, en relación coas obras promovidas polo interesado no lugar de Barcia, Mar de Fóra, termo municipal de Fisterra, provincia da Coruña.

Unha vez comprobada a documentación achegada e constatada a falta de identificación e da representación da persoa asinante do recurso, requírese para que, de conformidade co artigo 32.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), emende a falta de acreditación de representación por calquera medio válido en dereito, nun prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, con indicación de que, si transcorrido o dito prazo non o fixer, se terá por desistido do seu recurso, coas consecuencias que diso deriven (artigo 71.1 da Lei 30/1992).

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística