Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41546

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 14 de outubro de 2013 polo que se lle notifica un requirimento de documentación en relación coa súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Con data do 18.9.2012 o xefe do Servizo de Formación en Emerxencias da Academia Galega de Seguridade Pública remitiu escrito de requirimento de documentación relativo ao expediente de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia solicitada por Inés Díez García.

Tentada por dúas veces a notificación do citado requirimento a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo coa indicación de «ausente de repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalle a Inés Díez García o requirimento antes citado.

A interesada pode recoller o requirimento mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmaselle á interesada que, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, transcorrido o dito prazo sen que compareza, se terá por desistida da súa petición, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 42.

A Estrada, 14 de outubro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública