Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se dispón a publicación da modificación dos estatutos da entidade Cooperativa de Rematantes de Opemasa, Sociedade Cooperativa Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establécese a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Cooperativa de Rematantes de Opemasa, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser A Baiuca, 29, Senra, 15688 Oroso (A Coruña),

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Cooperativa de Rematantes de Opemasa, Sociedade Cooperativa Galega, que pasa a ser A Baiuca, 29, Senra, 15688 Oroso (A Coruña).

A Coruña, 24 de setembro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña