Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se dispón a publicación da modificación dos estatutos da entidade Monte Alba, Sociedade Cooperativa Galega.

No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no seu artigo 53, establécese a obrigatoriedade da publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Monte Alba, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na reunión do Consello reitor do 14 de xuño de 2013, por unanimidade de votos. Consta como novo domicilio social a rúa González Sierra, 5, 1º esquerda, do concello de Vigo,

RESOLVO:

Dispoñer a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da modificación do artigo 2 dos estatutos, Domicilio social, da entidade Monte Alba, Sociedade Cooperativa Galega.

Vigo, 11 de setembro de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo