Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axuda ao programa para a promoción do emprego autónomo, regulada na Orde do 21 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativa ao expediente TR341D 2008/971-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 25 de setembro de 2013

Alberto Linares Fenández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2008/971-2.

Nome: José Ramón Rivas García.

DNI/NIF: 8965151G.

Último domicilio coñecido: avenida da Mariña, nº 8, 3º A, 27780 Foz, Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16, letra a), da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.