Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre a instalación dunha corte de gando vacún de leite e fosa de zurro en Pollido-Coeses.

Casa Vieiro, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación de corte de gando vacún de leite e foxa de zurro en Pollido-Coeses.

Cumprindo o disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poida examinarse o expediente no servizo de licenzas, polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Lugo, 25 de setembro de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo