Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41065

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

EDICTO.

Pedro Yáñez Britos, en representación da empresa Busto Rural, S.L. con CIF número B27393230, solicitou desta alcaldía a instalación dun centro de almacenamento e rede de distribución de GLP, na parroquia de Saa, lugar do Busto, cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por prazo de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezara a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, poida examinarse o expediente, na secretaría deste concello, polas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observación que estimen oportunas.

A Pobra do Brollón, 23 de xullo de 2013

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde