Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41066

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

ANUNCIO de información pública sobre velorio.

Concepción González Macía, co DNI número 34249784-R, solicitou desta alcaldía licenza municipal para adaptación de local para velorio sito na rúa Samoeiro, 8 da Pobra do Brollón, cumprindo o disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental e o artigo 52 do Decreto 134/1998, de policía sanitaria mortuoria, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co fin de que, durante este que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia poida examinarse o expediente, na secretaría deste concello, polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Pobra do Brollón, 20 de setembro de 2013

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde