Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO polo que se somete a información pública a solicitude de licenza de ampliación do cemiterio parroquial das Negradas.

Procedemento de avaliación ambiental: trámite de avaliación ambiental.

Expte. R.E. nº 2807/2012.

A CMVMC das Negradas solicitou licenza municipal de actividade sometida á avaliación de incidencia ambiental, de conformidade co Decreto 133/2008, do 12 de xuño e Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria.

A actividade para a cal solicita licenza identifícase co rexistro de entrada nº 2807/2012, para a ampliación do cemiterio parroquial das Negradas, segundo proxecto asinado pola arquitecta M.A. Miraz Vázquez, que se situará no lugar de Lousado-parroquia das Negradas, concello de Guitiriz.

De acordo co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental e artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, sométese o expediente a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas activiades que se pretendan instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

O prazo de exposición pública computarase desde a última das publicacións oficiais sinaladas.

Guitiriz, 19 de setembro de 2013

Xosé María Teixido Núñez
Alcalde