Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41062

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Foz

ANUNCIO de novo trámite de información pública do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de setembro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Abrir un novo trámite de información pública e consultas do PXOM adaptado á normativa vixente, após a súa aprobación inicial en sesión plenaria do 24 de abril de 2007 (DOG do 3 de maio) e posterior trámite de consultas e información pública acordado en sesión plenaria do 3 de xuño de 2009 (DOG do 28 de outubro), polo prazo de dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia, período durante o cal o expediente quedará á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Segundo. Dar audiencia aos municipios limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo de información pública, así como ás administracións públicas afectadas, do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) de Foz.

Foz, 2 de outubro de 2013

Javier Jorge Castiñeira
Alcalde