Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 41061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública sobre nave industrial destinada a almacén e procesamento de chatarras (expediente 87/2013).

Ao abeiro do artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 87/2013.

Actividade: nave industrial destinada a almacén e procesamento de chatarras.

Situación: parcela H-20A, H-21 e H22 do polígono industrial de Bértoa, Carballo.

Solicitante: Hierros Varela Urbieta, S.L., representada por Manuel Varela Ponte.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e exposición pública no taboleiro de anuncios do concello.

A apertura do trámite de información pública notificaráselles persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da instalación proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 23 de setembro de 2013

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde