Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 40999

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (661/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 661/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Calixto Rodríguez Alonso contra a empresa Exfoga, S.L., Brauron, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Calixto Rodríguez Alonso, contra Exfoga, S.L. e Brauron, S.L., debo declarar e declaro que as mercantís demandadas lle deben ao demandante a suma de oito mil novecentos vinte e sete euros con catro céntimos (8.927,04 €) e, en consecuencia, debo condenar e condeno as mercantís demandadas a lle aboaren solidariamente ao demandante, coa responsabilidade do Fogasa nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores, a suma de oito mil novecentos vinte e sete euros con catro céntimos (8.927,04 €) en concepto de salarios, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Exfoga, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2013

A secretaria xudicial