Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 16 de outubro de 2013 Páx. 40998

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1043/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 1043/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Cristina Rodal Soliño e Pilar Gómez Barros contra a empresa María Pilar Vázquez Abad, coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, con data do 15 de maio de 2013, que literalmente di así:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxeron Pilar Gómez Barros e Cristina Rodal Soliño, contra María Pilar Vázquez Abad e, en consecuencia, debo condenar e condeno a María Pilar Vázquez Abad a que lles aboe ás demandantes as cantidades que se detallarán, como compensación económica polas vacacións e días de descanso non desfrutados durante o ano 2012, incrementadas co xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais:

A Pilar Gómez Barros, a cantidade de 548,83 euros brutos.

A Cristina Rodal Soliño, a cantidade de 593,40 euros brutos.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste a para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa María del Pilar Vázquez Abad, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de setembro de 2013

A secretaria xudicial