Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40683

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre taller de carpintaría no Picoto, na parroquia de Areas.

Francisco García García, en representación de Maderas Los Valos, solicitou desta alcaldia licenza municipal para actividade de taller de carpintaría, que se situará na parroquia de Areas, O Picoto, s/n, neste municipio. En cumprimento do disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións e observacións que se xulguen oportunas.

Ponteareas, 23 de setembro de 2013

Salvador González Solla
Alcalde