Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Leiro

ANUNCIO de licitación para a adxudicación do contrato de centro de día de maiores.

Na páxina web da Deputación Provincial de Ourense www.depourense.es, no perfil do contratante, publícase íntegro o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da citada obra, cun orzamento de 809.943,75 euros (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Leiro durante o prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio no perfil do contratante, BOP e DOG. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto nas cláusulas 15 e 16 do prego de cláusulas administrativas particulares. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de cláusulas administrativas particulares e facilitaráselles, ao igual que o proxecto técnico, a aqueles que o soliciten no Concello de Leiro; rúa Gabino Bugallal, nº 39, 32420 Leiro (Ourense), por teléfono: 988 48 80 00 e fax: 988 48 84 63.

Leiro, 8 de outubro de 2013

Francisco José Fernández Pérez
Alcalde