Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40684

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de procedemento aberto para o contrato administrativo especial dos servizos de cafetaría e restaurante do Pazo da Cultura.

Anuncio do organismo autónomo Pazo da Cultura de Pontevedra pola que se convoca o procedemento aberto para a o contrato administrativo especial dos servizos de cafetaría e restaurante do Pazo da Cultura.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Pazo da Cultura de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: prestación dos servizos de cafetaría e restaurante que debe incluír as prestacións e servizos exixidos en todo momento polo prego que rexe a contratación e polas disposicións xerais e específicas á categoría do establecemento, coa finalidade de ofrecer estes servizos aos cidadáns de Pontevedra nunha zona emblemática da cidade.

Lugar de execución: no Pazo da Cultura, que está situado na rúa Alexandre Bóveda, s/n, Pontevedra.

Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2019. Poderanse acordar prórrogas por períodos dun ano ata o máximo de 10 anos.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Canon: ofertado polo licitador, que non pode ser inferior a 6.000,00 euros anuais máis IVE.

5. Garantías.

Definitiva: 5 % do importe do contrato (canon anual proposto polo adxudicatario, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información: Pazo da Cultura de Pontevedra; rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra. Telefono: 986 83 30 61, fax: 986 87 40 70.

7. Solvencia económica e financeira e técnica: a exixida no artigo 27 do prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas particulares.

8. Presentación de ofertas: durante os 26 días hábiles seguintes ao da publicación do último anuncio de licitación (no BOP ou no DOG), que se reducirán a 13 días hábiles de acordarse a tramitación por procedemento de urxencia.

9. Documentación que hai que presentar: a sinalada no artigo 27 do prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas particulares.

10. Lugar de presentación: de luns a venres no Rexistro Xeral do Pazo da Cultura de Pontevedra, das 8.30 ás 13.30 horas, e sábados no Rexistro Xeral do Concello de Pontevedra, das 9.00 ás 13.00 horas.

11. Apertura de ofertas: o segundo día hábil, non sábado, de concluír o prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas, no Pazo da Cultura.

12. Criterio de adxudicación: os establecidos no artigo 30 do prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas particulares.

13. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 12 de setembro de 2013

María dos Anxos Riveiro Portela
Vicepresidenta