Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40686

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de información pública sobre apertura de taller mecánico no polígono industrial.

Goás Motor, S.C., con NIF J70384581, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a apertura dun taller mecánico que se situará no polígono industrial, parcela 11 (Vilalba, Lugo). En cumprimento do disposto no artigo 8, punto 3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, contados a partir da última publicación deste edicto no DOG e no BOP, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións e observacións que xulguen oportunas.

Vilalba, 23 de setembro de 2013

Gerardo Criado Guizán
Alcalde