Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40687

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilar de Barrio

ANUNCIO de información pública sobre ampliación e legalización do cemiterio parroquial de San Pedro das Maus.

Iniciouse o expediente para a ampliación e legalización do cemiterio parroquial de San Pedro das Maus, por instancia das comunidades de montes en man común das Maus, Porto e Alemparte. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e do artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, sométese a información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Ourense e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Durante o dito prazo, o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Vilar de Barrio, 10 de setembro de 2013

Julio Pérez Carballo
Alcalde