Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2005/705-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a seguir sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselle a resolución recaída no expediente sancionador correspondente. Faiselle saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, e advírteselle que, de non ser interposto en tempo e forma, deberá aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 17 de setembro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente nº: RL 2005/705-1.

Acta inf. nº: I15200500001206.

Empresa: Industrias Vicaño, S.L.

NIF: B62961230.

Enderezo: rúa Paraíso, Padrón.

Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente de traballo).

Normativa infrinxida: artigos 18 e 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, en relación co anexo II, número 2 do Real decreto 1215/1995, do 18 de xullo.

Tipificación: artigo 12.8 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Apréciase responsabilidade solidaria da empresa principal Financiera Maderera, S.A. (Finsa), en aplicación do artigo 42.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 30.5.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Industrias Vicaño, S.L. solidariamente con Financiera Maderera, S.A. (Finsa) unha sanción por importe de dous mil trescentos euros (2.300 €).