Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente CAZ-OU-0026/2013-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento CAZ-OU-0026/2013-V.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2013

P.S. (D.A. 1ª Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro; DOG nº 16, do 24 de xaneiro)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: CAZ-OU-0026/2013-V.

Interesado: Antonio Chao González.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último domicilio coñecido: A Martiñá, 5, 32136 San Cristovo de Cea (Ourense).