Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40206

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (504/2008).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3, en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 504/2008 por instancia de David López Pellejero e Alejandro Bálsamo Estévez contra a empresa Dygra Films, S.L., sobre declaración de dereitos, nos cales se ditou sentenza en data 3.9.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Ditame.

Estímase parcialmente a demanda interposta por David López Pellejero e Alejandro Bálsamo Estévez fronte a Dygra Films, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase que a relación laboral que une os demandantes coa empresa Dygra Films, S.L. se debe rexer polo convenio colectivo de produción audiovisual desde a data do seu inicio.

– Declárase que as funcións desempeñadas polo Sr. López desde o 1 de xullo de 2000 se corresponden coa categoría de montador de imaxe.

– Condénase a Dygra Films, S.L. a aboarlle a David López Pellejero a cantidade de dous mil setecentos trinta e nove euros con trinta e tres céntimos de euro (2.739,33 euros).

– Absólvese a Dygra Films, S.L. das demais pretensións fronte a ela exercidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes».

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Dygra Films, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de setembro de 2013

O secretario xudicial