Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40204

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (395/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 395/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Canedo Rey contra a empresa Progametal, S.L., Tecnólica y Diseño de Interiores, S.L., administración concursal de Progametal, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Ditame:

1º. Estimo a demanda formulada por Rubén Canedo Rey fronte ás empresas Tecnólica y Diseño de Interiores, S.L. e Progametal, S.L., e condeno estas a aboarlle á parte demandante as cantidades seguintes:

― Tecnólica y Diseño de Interiores, S.L.: 6.790,09 euros de principal polos conceptos sinalados no relato de feitos probados e 520,58 euros como xuros moratorios do artigo 29.3 do ET.

― Progametal, S.L.: 1.216,68 euros de principal polos conceptos sinalados no relato de feitos probados e 121,67 euros de xuros moratorios do artigo 29.3 do ET.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS, cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0395 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0395 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Progametal, S.L., Tecnólica y Diseño de Interiores, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de setembro de 2013

O secretario xudicial