Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2013/15).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17, baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CTC e RBTS. Igrexa-Mesía (San Cristovo-Mesía).

Situación: concello de Mesía.

Características técnicas:

Paso aerosubterráneo a realizar no apoio s/n existente de tipo HV-13/1.000 da LMT Visantoña-Lanzá (expediente 7.483), mesmo apoio de onde parte a derivada ao CT Igrexa-Mesía (expediente 2.001/264) que se vai retirar (UTM: 559.315; 4.774.106).

LMT subterránea ao novo CT Igrexa-Mesía a 15 kV de 0,338 km de lonxitude e RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), inicio liña (UTM): paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio s/n existente de tipo HV-13/1.000 da LMT Visantoña-Lanzá (expediente 7.483), mismo apoio de onde parte a derivada ao CT Igrexa-Mesía (expediente 2.001/264), final liña paso aerosubterráneo que se vai realizar no apoio s/n existente de tipo HV-13/1.000 da LMT Visantoña-Lanzá (expediente 7.483), mesmo apoio de onde parte a derivada ao CT Igrexa-Mesía (expediente 2.001/264) que se vai retirar, despois de realizar entrada e saída no novo CT Igrexa-Mesía proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

4 saídas BT subterráneas ao novo CT Igrexa-Mesía con orixen no CT Igrexa-Mesía proxectado de 609 metros e condutores: XZ1-0,6/1 kV-4 (1×240 Al).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 11 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña