Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 164/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 1 LMTS subestación Santa Mariña, praza de España.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15/20 kV, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV, 3(1×240 mm² Al) cunha lonxitude de 1.110 m, coa súa orixe nos empalmes proxectados na LMTS SMR-707, xunto á saída da subestación de Santa Mariña (expediente 18352), e remate nos empalmes proxectados na LMTS SMR-707 a CT praza de España (expediente 195/2005).

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15/20 kV, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV, 3(1×240 mm² Al) cunha lonxitude de 472 m, coa súa orixe nos empalmes proxectados na LMTS SMR-707, tramo saída do CT praza de España (expediente 195/2005), sentido a CT praza Sevilla (expediente 23166), e remate na cela de liña existente no CT praza Sevilla (expediente 23166).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 12 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña