Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 159/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo LMTA, CT, RBT de Portomedal-Vilalba (expediente 52.487).

Situación: concello de Val do Dubra.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1,569 km, coa orixe en apoio existente s/n da LMT NEG-806, tramo entre a derivada a CT Couceiro Igrexa e CT Páramos Quintáns (expediente 27.250), condutor tipo LA-56/54,6 mm², e final no CTI Portomedal (proxectado).

Liña de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,508 km, coa orixe en apoio nº 11 proxectado da LMT a CTI Portomedal, condutor tipo LA-56/54,6 mm², e final no CTI Vilalba (proxectado).

Centro de transformación intemperie Portomedal, cunha potencia de 160 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Centro de transformación intemperie Vilalba, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión aérea coa orixe no CT Portomedal (proxectado), cunha lonxitude de 1,286 km, condutor tipo RZ e apoios de formigón.

Rede de baixa tensión aérea coa orixe no CTI Vilalba (proxectado), cunha lonxitude de 2,035 km, condutor tipo RZ e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 12 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña