Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do 28 de agosto de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, redactado por Servicat Arquitectura, S.L., nos termos que constan no expediente.

Segundo. Abrir un período de información pública, durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, en dous dos xornais de maior difusión da provincia e no taboleiro de anuncios do concello, con todos os documentos que integran o plan xeral, incluído o informe de sustentabilidade ambiental e as consultas previstas no documento de referencia; quedará á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Terceiro. Este acordo de aprobación inicial determina por si só a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos en que as determinacións do novo planeamento supoñan modificación da ordenación urbanística vixente. Para estes efectos, consonte o disposto no artigo 77.2, determínanse como áreas afectadas pola suspensión de licenzas debido á aprobación inicial do PXOM da Veiga os ámbitos que se recollen na planimetría dilixenciada, para tal efecto, pola Secretaría do concello.

A suspensión determinada pola aprobación inicial terá unha duración máxima de dous anos, contando desde a data de aprobación, e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

O expediente completo poderá ser examinado nas dependencias do Concello da Veiga, situado na Praza do Concello, nº 1, da Veiga, de luns a venres, das 10.00 ás 14.00 horas, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

A Veiga, 12 de setembro de 2013

Edesio Yáñez Gómez
Alcalde