Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre diversas actividades (expedientes 38370/422, 40278/422, 40345/422, 40426/422 e 40537/422).

As entidades que se citan solicitaron da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo licenzas urbanísticas para as actividades e nos lugares que a seguir se indican:

1. Solicitante: Gran Bazar Gran Vía, S.L.; actividade: bazar; lugar: Gran Vía, nº 130; expediente: 38370/422.

2. Solicitante: Masquepet, S.R.L.; actividade: venda de mascotas, artigos de animais, consulta veterinaria e perrucaría; lugar: estrada de Madrid (N-120), nº 158, parque comercial Meixueiro, local 5; expediente: 40278/422.

3. Solicitante: Campsa Estaciones de Servicio, S.A.; actividade: instalación de depósito de G.L.P. en estación de servizo; lugar: estrada Camposancos, nº 16; expediente: 40345/422.

4. Solicitante: Agronerga, S.L.; actividade: almacén de produtos biocidas; lugar: rúa Moledo, nº 16, nave 1; expediente: 40426/422.

5. Solicitante: Ric Motorsport Vigo, S.L.L.; actividade: taller de mecánica e electricidade do automóbil; lugar: rúa Gandarón, nº 40; expediente: 40537/422.

De conformidade co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométense os expedientes a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do derradeiro anuncio. Os expedientes atópanse á disposición do público en xeral e pódense consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta -1 do Edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 29 de agosto de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos, Grandes Proxectos e Patrimonio