Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40120

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2013 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta fundación para o segundo cuadrimestre de 2013.

Segundo o artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), establécese que «Cada consellería ou entidade remitirá ao Diario Oficial de Galicia, dentro dos primeiros vinte días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración, recollidos no artigo 3.1.c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos no cuadrimestre anterior».

Para dar cumprimento ao anteriormente exposto e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2013

J. Higinio Antuña Álvarez
Xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial
e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia

ANEXO

Convenio

Data
de sinatura

Achega económica
da fundación

Convenio marco de cooperación educativa para prácticas externas (curriculares e extracurriculares) entre a Fundación e a Universidad Autónoma de Madrid

20.5.2013

Sen achega