Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40121

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de participación no Programa de apoio á expansión internacional das pemes (2013-2015).

O Consello Superior de Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de España, e as Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de Galicia, anuncian a convocatoria que ten por obxecto promover a participación no Programa de apoio á expansión internacional das pemes (2013-2015) da demarcación territorial das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación de Galicia. Este programa conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Regional (Feder).

O programa permíteselles ás empresas fomentar e potenciar a iniciación á internacionalización a través dun asesoramento personalizado, conforme unha metodoloxía moderna e sustentada en técnicas de intelixencia competitiva, que ten como fin último ofrecer ás empresas un Plan de Internacionalización que lles permita abrir novos mercados e mellorar a súa competitividade.

O texto completo desta covocatoria está á disposición das empresas, nas sedes das cámaras de comercio da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, pode consultarse a través das seguintes páxinas web nos seguintes enderezos:

www.camaracoruna.com

www.camaraferrol.org

www.camaralugo.com

www.camaraourense.com

www.camarapontevedra.com

www.camaracompostela.com

www.camaratui.com

www.camaravigo.con

www.camaravilagarcia.com

Pontevedra, 30 de setembro de 2013

María del Rosario Lorenzo Pontevedra
Secretaria xeral da Cámara Oficial de Comercio,
Industria e Navegación de Pontevedra