Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vedra

ANUNCIO de información pública sobre taller de reparación de vehículos e maquinaria en Viñogrande (Illobre).

Antonio Mosteiro Torres solicitou desta alcaldía licenza de actividade para taller de reparación de vehículos e maquinaria en Viñogrande (Santo André de Illobre).

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental (DOG núm. 126, do 1 de xullo), sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no DOG ou no BOP da Coruña, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas as persoas que dalgún modo se consideren afectadas.

O expediente estará á disposición dos interesados, no Departamento de Urbanismo, os luns, mércores e xoves, das 8.30 ás 14.30 horas.

Vedra, 11 de setembro de 2013

Carlos Martínez Carrillo
Alcalde