Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de información pública sobre venda por xunto e polo miúdo de produtos de alimentación e drogaría (expediente 2012000663).

Ignacio de las Cuevas, S.A., representada por Artur Yuste Tarrago, solicitou licenza de apertura para desenvolvemento da actividade de venda por xunto e polo miúdo de produtos de alimentación e drogaría que se situará na rúa do Muro, 44, 36800 Redondela (Pontevedra). De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último diario oficial en que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).

Redondela, 26 de agosto de 2013

Javier Bas Corugeira
Alcalde