Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40114

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

EDICTO de exposición pública do expediente de delimitación do núcleo rural de Monte Redondo.

Procedencia: Concello de Padrenda (Ourense).

Solicitude: delimitación do núcleo rural de Monte Redondo.

Lexislación reguladora: disposición adicional segunda da Lei 9/2002, coa redacción que á mesma outorgan as leis 15/2004, 6/2008 e 2/2010, en relación co artigo 13 desta Lei 9/2002, todas de Galicia.

Atopándose en fase de tramitación o expediente arriba indicado, exponse este a información pública por un período dun mes para os efectos de que o mesmo poida ser examinado polos interesados e presentar as alegacións que se estimen oportunas.

Este mesmo anuncio insértase –de conformidade co previsto legalmente– nos diarios La Voz de Galicia e Faro de Vigo, así como no Diario Oficial de Galicia, comezando a contar o prazo antes sinalado a partir da última aparición publicado deste edicto.

Rematado o trámite, someterase o expediente a coñecemento do Pleno do Concello para a súa posterior elevación a aprobación definitiva polo director xeral de Urbanismo.

Padrenda, 16 de setembro de 2013

Manuel Pérez Pereira
Alcalde