Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 8 de outubro de 2013 Páx. 40113

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO de información pública sobre estabulación libre de gando vacún en Campolongo.

Esteban Rey Novío, en representación de Rey Novío, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para estabulación libre de gando vacún en Fonte Galiña ou Eira da Casa, Campolongo (Negreira). En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Negreira, 19 de xullo de 2013

Juan José Rey Maceira
Alcalde