Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39729

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do instrumento de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do ano 2003 no ámbito do antigo mercado.

Na sesión ordinaria celebrada polo Pleno do Concello da Cañiza (Pontevedra) con data do 30 de agosto de 2013, aprobouse inicialmente o instrumento de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza do ano 2003 no ámbito do antigo mercado -con suspensión do outorgamento de licenzas no seu ámbito- redactado polo arquitecto José Martínez Rodríguez en representación do equipo redactor Habitat 6, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, acordouse someter este plan a información pública durante dous (2) meses, mediante anuncio que se inserirá no DOG e nos xornais Atlántico Diario e La Voz de Galicia. Durante o mesmo prazo solicitaranse aqueles informes sectoriais que sexan precisos e daráselles audiencia aos municipios limítrofes.

A Cañiza, 9 de setembro de 2013

Miguel A. Domínguez Alfonso
Alcalde