Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39730

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre acondicionamento de local para pensión, café-bar e restaurante en Prado (expediente 7201/2013).

Por instancia de Inverhostel Deza, S.L., representada por José Luis Mato Montoto, o Concello de Lalín está tramitando o expediente para a obtención da licenza de obra para acondicionamento de local e destinalo á actividade de pensión, café-bar e restaurante no lugar de Prado, número 67, Lalín (Pontevedra), (expte. 7201/2013), actividade recollida no Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 36.b).3. do Real decreto 2816/1982, do 27 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas, sométese a información pública o expediente mediante anuncios no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e exposición no taboleiro de anuncios do concello, para que poida ser examinado en horario de oficina, no Departamento de Urbanismo-Licenzas e se formulen, de ser o caso, alegacións ou reclamacións a este durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia.

Lalín, 2 de setembro de 2013

Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo