Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a adquisición dun equipamento de espectrometría de masas con plasma de acoplamento indutivo e dun sistema de cromatografía de gases con detección por espectrometría de masas de triplo cuádruplo para laboratorios de Saúde Pública, cofinanciados polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (AB-CON1-13-028).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 27 87.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 4.11.2013.

d) Número de expediente: AB-CON1-13-028.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición dun equipamento de espectrometría de masas con plasma de acoplamento indutivo e dun sistema de cromatografía de gases con detección por espectrometría de masas de triplo cuádruplo para laboratorios de Saúde Pública.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/2.

d) Prazo de execución/entrega: máximo de dous meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 33100000-1.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

1 Características construtivas

0-10

2 Modos de operación e interface de manexo

0-10

3 Parámetros de funcionamento

0-10

4 Facilidade de mantemento rutineiro

0-5

5 Outros aspectos valorables

0-5

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

1 Oferta económica

0-40

2 Contrato de mantemento integral

0-13

3 Custo de reposición de compoñentes

0-5

4 Formación

0-2

4. Valor estimado do contrato: 280.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 280.000 euros. Importe total: 338.800 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 das follas de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 4.11.2013.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida no número 19 da folla de especificacións, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 16.9.2013.

12. Outras informacións. Ver número 27 da folla de especificacións, o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

O dito importe está cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea, programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Eixe 6, tema prioritario 76.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos