Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (173/2013).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3, en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 173/2013 por instancia de José Manuel Polvillo Lara contra a empresa Hotel El Hórreo, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 5.9.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

Ditame:

Estímase a demanda formulada por José Manuel Polvillo Lara fronte a Hotel El Hórreo, S.A. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Hotel El Hórreo, S.A. ao demandante José Manuel Polvillo Lara.

– Condénase a Hotel El Hórreo, S.A. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 1.510,98 euros; o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 11.065,56 euros, aos cales deberán engadirse os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 44,44 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Hotel El Hórreo, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de setembro de 2013

O secretario xudicial