Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (839/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3, en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 839/2011 por instancia de Marco Antonio López Varela contra a empresa Inelum Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 2.9.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

Ditame:

Estímase a demanda formulada por Marco Antonio López Varela fronte a Inelum Galicia, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Inelum Galicia, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de dez mil oitocentos noventa e sete euros con vinte e un céntimos de euro (10.897,21 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días siguientes á notificación desta resolución, e bastará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Inelum Galicia, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de setembro de 2013

O secretario xudicial