Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39093

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes

EDICTO (186/2011).

Eva Bernárdez Pereiras, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, polo presente,

Anuncio.

Neste xulgado séguese procedemento civil co número 186/2011, ditouse sentenza, cuxo ditame é do teor literal seguinte:

«Que desestimando a demanda interposta (...), fronte a Francisco Ríos Seoane, (...) debo absolver e absolvo os demandados de todos os pedimentos formulados fronte a eles, con condena da parte demandante ao pagamento das custas.

Notifíqueselles ás partes esta sentenza, contra a cal cabe interpor recurso de apelación, que se presentará ante este xulgado no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña».

E encontrándose Francisco Ríos Seoane en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma a este.

Ordes, 2 de setembro de 2013

A secretaria xudicial