Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38703

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (91/2013).

Carmen Varela Rebolo, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 91/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel J. Rodríguez Blanco contra Reguera Trans, S.L., Explotación Agrícola IFRE, S.L., Logística Cecarmi Lugo, S.L., Jucarmi Logística, S.L., Julio Reguera Santos, Julio Reguera Gómez e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo ditameo é o seguinte:

Auto.

Lugo, 9 de setembro de 2013.

Feitos.

Único. Mediante escrito con data de entrada neste xulgado do 6.9.2013 solicitaron os demandados Julio Reguera Santos, Jucarmi Logística, S.L. e Logística Cecarmi Lugo, S.L., representados pola letrada Sra. Lage Díaz, que se aclarase a sentenza ditada nestes autos, dándose conta a esta xulgadora, e procedeuse a ditar a presente resolución.

Razoamentos xurídicos.

Único. De conformidade co artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial: «1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material en que incorran; 2. As aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, que será neste caso resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración; 3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento; 4. As omisións ou defectos que puideren ter sentenzas e autos e que for necesario remediar para levalas plenamente para efecto poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecido no punto anterior; 5. Se se tratase de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e substanciadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo cal resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala; 6. Se o tribunal advertise, nas sentenzas ou autos que ditase, as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se diten, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado; 7. Do mesmo modo ao establecido nos puntos anteriores procederá o secretario xudicial cando se precise aclarar, rectificar, emendar ou completar os decretos que tiver ditado; 8. Non caberá recurso ningún contra os autos ou decretos en que se resolva acerca da aclaración, rectificación, emenda ou complemento a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, de ser o caso, contra a sentenza, auto ou decreto a que se refira a solicitude ou actuación de oficio do Tribunal ou do secretario xudicial; 9. Os prazos para os recursos que procedan contra a resolución de que se trate interromperanse desde que se solicite a súa aclaración, rectificación, emenda ou complemento e, en todo caso, comezarán a computar desde o día seguinte á notificación do auto ou decreto que recoñecese ou negase a omisión do pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

No mesmo sentido, os artigos 214 e 215 da Lei de axuizamento civil, aplicables de forma supletoria en materia laboral.

A pretensión de aclaración dos demandados, que consideran que debe incluírse no ditame da sentenza o máximo de 90 días hábiles de salarios de tramitación, ao abeiro do artigo 57 do ET, non pode incardinarse en ningún dos supostos de feito previstos nos preceptos legais referidos nos parágrafos anteriores, por canto non se considera que nos encontremos ante erro material que deba ser corrixido ou ante concepto escuro que deba ser aclarado. Así como tampouco se produciu omisión de pronunciamento ningún que deba ser suplido. E é que, conforme o dito precepto legal, as empresas demandadas poderán reclamar do Estado, se é o caso, o aboamento que puidesen facer dos salarios de tramitación que excedan os 90 días hábiles, pero sen que resulte procedente incluír no ditame ningunha limitación.

Polo exposto debe desestimarse a petición de aclaración efectuada.

Parte dispositiva.

Desestímase a petición de aclaración da sentenza ditada nos presentes autos formulada polos demandados Julio Reguera Santos, Jucarmi Logística, S.L. e Logística Cecarmi Lugo, S.L., representados pola letrada Sra. Lage Díaz.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra o pronunciamento anterior non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Marina Carmen Palomo Moreno, maxistrada encargada do Xulgado do Social número 1 de Lugo e o seu partido. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en forma a Reguera Trans, S.L. e Explotación Agrícola IFRE, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 9 de setembro de 2013

A secretaria xudicial