Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38697

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (259/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 259/2011 por instancia de José Luis Alejandro Cáceres e Wilmer Ricardo Albornoz Luna contra a empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., a administración concursal de Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 2.9.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por José Luis Alejandro Cáceres e Wilmer Ricardo Albornoz Luna fronte á empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase á empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

• A José Luis Alejandro Cáceres a cantidade de 2.302,73 euros.

• A Celsa Pérez Vecino, a cantidade de 2.169,82 euros.

Os conceptos salariais devindicarán o 10 % de xuros moratorios.

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. e á administración concursal da empresa Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de setembro de 2013

A secretaria xudicial