Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38698

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (924/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 924/2010 por instancia de Mutua Gallega contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Doble Jota Andaluza, S.L., sobre incapacidade temporal, nos cales se ditou sentenza o 2.9.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución.

Estímase parcialmente a demanda interposta por Mutua Gallega fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a empresa Doble Jota Andaluza, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Doble Jota Andaluza, S.L. a aboar á Mutua Gallega, como responsable directa da prestación de IT e dos gastos sanitarios derivados do accidente de traballo sufrido por Antonio Benítez Cepero, a cantidade de catro mil cincocentos trece euros con noventa céntimos de euro (4.513,90 euros), con responsabilidade subsidiaria do INSS e a TXSS, respecto dos gastos por asistencia sanitaria, por importe de dous mil cincocentos noventa euros con oitenta e catro céntimos de euro (2.590,84 euros) para o caso de insolvencia da anterior.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Doble Jota Andaluza, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de setembro de 2013

A secretaria xudicial