Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38695

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (675/2011 IP).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial M. Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 12 de xullo de 2013.

O anterior escrito presentado polo letrado Celestino Barros Pena, en nome e representación de José Antonio Castro Maquieira, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para a unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame, se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para a notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o tivese designado.

Requírase o recorrente para que achegue, no momento de interposición do recurso, certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte contra a que recorre se poida opor á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Que no procedemento do recurso de suplicación 675/2011 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra a empresa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, SB Industrial e Comercial, S.L. e José Antonio Castro Maquieira, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a SB Industrial e Comercial, S.L., con último domicilio coñecido en r/ José Trasande 1, Marín-Pontevedra.

A Coruña, 12 de xullo de 2013

A secretaria xudicial