Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38430

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (792/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 792/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Karen Almaro Elizade contra a empresa Merca Eiras, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva:

Dispoño a acumulación do presente procedemento de despedimento 792/2013 ao procedemento de despedimento 334/2013, seguindo a súa tramitación nun único procedemento e mantendo a sinalización para a celebración dos actos de conciliación e xuízo para o vindeiro día 4 de novembro de 2013, dando de baixa este no libro de asuntos xerais.

Líbrese a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro da súa razón.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 3, aberta no Banco Español de Crédito, conta nº 5076, onde debe indicar no campo concepto: «Recurso», seguido do código «30 social-reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 social-reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato
dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por este auto, dispóñoo, mándoo e asínoo. Paula Méndez Domínguez, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela en funcións de substitución. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Merca Eiras, S.L., por estar en paradoiro ignorado, insírese este edicto no Diario oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, facéndolle saber que ten á súa disposición na oficina deste órgano xudicial a copia da demanda e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2013

A secretaria xudicial