Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (497/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 497/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Rodríguez Rey contra as empresas Empresa de Servicios Agrarios Betanzos Ferrolterra, S.L., Empresa de Servizos Agrarios Condado Rosal, S.L., Empresa de Servizos Agrarios Ulla Salnés, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Transcorrido o prazo legalmente previsto sen que conste a interposición de recurso fronte ao Decreto do 5.12.2012, declaro firme este e acordo o arquivamento destas actuacións.

Así mesmo, faise constar para os efectos previstos no artigo 239 da LXS que o Decreto do 5.12.2012 foi notificado en data 10.12.2012 á codemandada de Servicios Agrarios Condado Rosal por edicto no taboleiro de anuncios deste xulgado, en data 12.12.2012 ao demandante José María Rodríguez Rey e ás codemandadas Empresa de Servicios Agrarios Betanzos Ferrolterra, S.L., Empresa de Servizos Agrarios Ulla Salnés, S.L. e ao Fogasa o 14.12.2012.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes a súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén ela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2013

A secretaria xudicial