Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ACORDO do 5 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá trámite de audiencia á entidade Paradores de Turismo de España, S.A. Parador de Ferrol, ao abeiro do artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

A entidade mercantil Paradores de Turismo de España, S.A., con CIF A-79855201 e domicilio social na r/ Requena, 3, 28013 Madrid, ten o seu centro de Parador de Ferrol inscrito o 17.12.2007 co número ES-GA-000129 no Rexistro galego de centros adheridos ao Sistema de xestión e auditoría ambiental, segundo o procedemento regulado no Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS).

Coa solicitude de inscrición xuntou declaración ambiental validada, así como o resto da documentación exixida no citado Decreto 185/1999.

Terminado o período de validez para as sucesivas renovacións, debían presentar a seguinte declaración ambiental validada, pero non se recibiu por parte de Paradores de Turismo de España, S.A. ningún tipo de comunicación desde o ano 2010.

Enviouse comunicación escrita á citada entidade mercantil mediante notificación con xustificante de recepción en data 7.2.2011 en que se informaba de que, de non recibir ningún tipo de documentación ou comunicación relativa ao mantemento no rexistro, se procederá a dalos de baixa no Rexistro galego de centros adheridos ao Sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), sen obter resposta.

Considerando que o artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun Sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), dispón que: «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro e informará de tal medida á dirección do centro».

Tendo en conta tamén que o parágrafo 5 do mesmo precepto establece que: «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado concedéndolle un prazo de quince días para que presenten as alegacións, documentos e xustificacións que considere oportunas. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificaráselle á Dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Este trámite de audiencia, así como a posterior resolución que se emita, corresponde ao secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 a 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun Sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e o artigo 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorgan os decretos 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun Sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e 13.2.2 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

ACORDA:

Dar un trámite de audiencia á entidade Paradores de Turismo de España, S.A., con CIF A-79855201 e domicilio social na r/ Requena, 3, 28013 Madrid, e concederlle un prazo de quince días contados desde a notificación do presente escrito para formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren convenientes.

Notifíqueselle ao interesado, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2 da citada Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental